Saltar ao contido

Fanny Blankers-Koen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFanny Blankers-Koen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1918 Editar o valor en Wikidata
Baarn, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xaneiro de 2004 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Hoofddorp, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso63 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista, saltadora de lonxitude, atleta, saltadora de altura Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaSalto de lonxitude
salto de altura
carreira de velocidade Editar o valor en Wikidata
Participou en
1952Xogos Olímpicos de 1952
1948Xogos Olímpicos de 1948
1936Xogos Olímpicos de 1936 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonte1001 Vrouwen uit de Nederlandse geschiedenis (en) Traducir, (sec:959)
1001 vrouwen in de 20ste eeuw (en) Traducir
Bygone Badass Broads: 52 Forgotten Women Who Changed the World (en) Traducir, (p.148-150) Editar o valor en Wikidata
Discogs: 3943028 IAAF: 14556174 Olympic.org: fanny-blankers-koen WikiTree: Koen-361 Find a Grave: 8326559 Editar o valor en Wikidata

Francina "Fanny" Elsje Blankers-Koen, nada en Baarn o 26 de abril de 1918 e finada en Hoofddorp o 25 de xaneiro de 2004, foi unha atleta e campioa olímpica neerlandesa, vencedora, aos 30 anos de idade, de catro probas de atletismo nos Xogos Olímpicos de 1948 en Londres, cando xa era nai de dous fillos. Foi considerada a "Atleta Feminina do Século", pola Associación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). En 2012, foi inmortalizada no Salón da Fama do atletismo, creado no mesmo ano como parte das celebracións polo centenario da IAAF.[1]

Durante a súa vida deportiva, Fanny bateu vinte marcas mundiais en probas de velocidade, obstáculos, saltos de altura, saltos de lonxitude e héptatlon.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Estatua en Rotterdam

Francina Elsje Koen, naceu en Lage Vuursche, preto de Baarn, cidade do centro dos Países Baixos. Iniciouse nos deportes practicando natación e aos 17 anos comezou a practicar o atletismo.[2] Un ano despois, o seu adestrador Jan Blankers convenceuna para entrar no equipo olímpico neerlandés, que participaría nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936.[3] Blankers-Koen obtivo dous quintos lugares, un en salto de altura e outro nos 4×100 metros lisos.[4] Tamén conseguiu un autógrafo do atleta Jesse Owens, que se converteu na posesión máis valorada.[5][6]

En 1938 conquistou o seu primeiro resultado significativo ao levar a medalla de bronce nos 100 metros lisos do Campionato Europeo de atletismo. Co estalido da segunda guerra mundial, os Xogos Olímpicos de 1940 e 1944 foron cancelados, mais Koen continuou a dedicarse ao atletismo durante o período da guerra. En 1946, poucas semanas despois de dar a luz a súa segunda filla, gañou a medalla de ouro nos 80 metros con obstáculos do Campionato Europeo de Atletismo.

O seu feito máis notábel foi nos Xogos de Londres de 1948, cando gañou catro medallas de ouro en nove das probas femininas do acontecemento (100 e 200 metros lisos, 80 metros con obstáculos e 4×100 metros), converténdose no gran nome daqueles xogos. Competiu en once series e finais en oito días.[4] Foi a primeira muller que gañou catro medallas de ouro, e ademais conseguiuno nuns únicos xogos.[7] Alcumada "a ama de casa voadora",[2] "a neerlandesa voadora"[8] e "a asombrosa Fanny" pola prensa internacional, foi recibida na súa chegada a Ámsterdam por unha gran multitude.[6]

Aos 34 anos, tomou parte nos seus terceiros Xogos Olímpicos, que tiveron lugar en Helsinqui.[7] A pesar de que estaba en boa forma física, sufriu graves bochas. Cualificouse para as semifinais dos 100 metros lisos, pero retirouse para asegurar a carreira de valados. Alcanzou a final nesa proba, pero tras golpear o segundo valado, abandonou a carreira. O 7 de agosto de 1955, venceu por última vez, gañando o título nacional de lanzamento de peso, o seu 58.º título neerlandés.

Fanny Blankers-Koen faleceu aos 85 anos a causa do alzhéimer na súa casa de Hoofddorp.

Resultados deportivos

[editar | editar a fonte]

Competicións internacionais

[editar | editar a fonte]
Ano Acontecemento Lugar Posición Proba Resultado
1936 Xogos Olímpicos Berlín, Alemaña 6.ª Salto de altura 1,55 m
5.ª 4×100 m 48.8
1938 Campionatos de Europa Viena, Austria 3.ª 100 m 12.0
3.ª 200 m 24.9
1946 Campionatos de Europa Oslo, Noruega – (semis) 100 m DNF
1.ª 80 m con valados 11.8
1.ª 4×100 m 47.8
4.ª Salto de altura 1,57 m
1948 Xogos Olímpicos Londres, Reino Unido 1.ª 100 m 11.9
1.ª 200 m 24.4
1.ª 80 m con valados 11.2
1.ª 4×100 m 47.5
1950 Campionatos de Europa Bruxelas, Bélxica 1.ª 100 m 11.7
1.ª 200 m 24.0
1.ª 80 m con valados 11.1
2.ª 4×100 m 47.4
1952 Xogos Olímpicos Helsinqui, Finlandia – (semifinais) 100 m DNS
– (final) 80 m con valados DNF

Títulos nacionais

[editar | editar a fonte]
Campionatos de Atletismo dos Países Baixos
Proba Ano(s)
100 m 1937, 1938, 1939, 1940, 1942, 1943, 1944, 1946, 1947, 1948, 1949, 1951, 1952
200 m 1936, 1937, 1938, 1939, 1940, 1944, 1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1952
80 m con valados 1940, 1944, 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951, 1952, 1953, 1954
Salto de altura 1936, 1937, 1939, 1940, 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951
Salto de lonxitude 1939, 1940, 1942, 1944, 1946, 1947, 1948, 1950, 1951
Lanzamento de peso 1947, 1955
Péntatlon 1937
  1. Hall da Fama do Atletismo
  2. 2,0 2,1 Trickett, Alex (25 de xaneiro de 2004). "Winner against all odds". BBC News Online. Consultado o 5 de febreiro de 2007. 
  3. Grandes momentos olímpicos - 2° - Persistência olímpica
  4. 4,0 4,1 "Fanny Blankers-Koen passes away at 85 years of age". IAAF. 25 de xaneiro de 2004. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  5. Obituary Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., The Independent, 27 de xaneiro de 2004. Consultado o 5 de febreiro de 2007
  6. 6,0 6,1 Fanny Blankers-Koen (3 de febreiro de 2002). "Fanny Blankers-Koen". The Observer. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  7. 7,0 7,1 "Blankers-Koen dies". BBC News Online. 25 de xaneiro de 2004. Consultado o 5 de febreiro de 2007. 
  8. Bagchi, Rob (18 de xaneiro de 2012). "50 stunning Olympic moments No10: Fanny Blankers-Koen wins four golds". The Guardian. Consultado o 21 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]